Aínda brillan as luces na árbore mentres empezo a retirar os adornos. Acaríñoos cando os toco porque representan a fin dun período, desta vez, tranquilo e de auténtico Nadal. Con ausencias irreparables e descansos reparadores. Descansei ata o aburrimento; isto é, canseime de descansar. É necesitaba sentir iso.
Foi este Nadal o da pequena familia, en paz, sen apuros nin traballos.
Foi o das visitas necesarias e queridas.
O das comidas sinxelas.
O dos agasallos xustos.
O dos dous.
A felicidade: dar e recibir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario