xoves, 2 de xaneiro de 2025

Xoves 2 de xaneiro

A cidade está cuberta de luces, debaixo delas moreas de persoas deambulan erráticas. Todas menos catro mulleres que se buscan. Unha precisa das demais, pois foise, quizais de forma precipitada, e añóraas. 

Se enfocasen desde arriba, nun plano cenital, podería verse a encrucillada na que se separaron. As cabezas -louras, brancas, marróns ou grises- marcharon cada unha nunha dirección diferente. 

A felicidade: a charla demorada sobre nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario