venres, 7 de xullo de 2023

O paxaro na gaiola

Hoxe non é un día ouriolo. E de o ser, será o do ouriolo engaiolado. É unha xornada lenta, incómoda. Esperas, paseos sen rumbo, decepcións. Encerráronme nunha gaiola. El, accedeu a entrar comigo, así que non estou soa. Ando na procura dunha fenda pola que fuxir. El dime que a pesar dos barrotes, podemos respirar o aire puro, podemos ver o mundo e a vida decorrer, que son só momentos, que non é para sempre. Pídeme que goce da vida desde dentro desta gaiola provisional. Canto optimismo me rodea, e eu desaproveitando ese chorro de luz que me axita para que abra os ollos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario